imagen bus reservar bus minibus

Despois de moitos anos percorrendo Galicia, montañas e cidades Europeas en viaxes de Sendeirismo/Montaña e Culturais nace “Compostela Bus” axencia de viaxes comerciante polo miúdo con licenza…

Ofrecemos transporte, circuítos e paquetes turísticos desde Santiago de Compostela. Tantas experiencias e quilómetros fainos considerar o Autobús o medio ideal nos nosos traxectos. Empezamos a nosa historia no ano 1993 con roteiros por Galicia e a partir do 2000 crecemos con grandes viaxes coñecendo o Tirol Austríaco. Impresionados ao gozar estas montañas a nosa curiosidade xa continuou con grandes aventuras en grupo polos Alpes (Suíza, Francia), Dolomitas (Italia), Monte Tatras (Eslovaquia) e viaxes culturais en Alsacia, Costa azul, Irlanda, Gales, Baviera… todas elas gozando do pracer de viaxar en autobús.

Levamos máis de 20 anos operando con grupos privados, clubs de Sendeirismo e Asociacións Culturais con toda a experiencia que iso reporta. Os nosos guías, Hoteis e por suposto o Autobús son o eixo de principal do noso produto.

Abrir chat
Subvención FEDER REACT